Friday 22 de November de 2024

O programa Prevención da dependencia de Boqueixón celebrou a súa tradicional comida de Nadal coas 14 persoas participantes


O programa Prevención da dependencia do Concello de Boqueixón celebrou recentemente o seu tradicional almorzo de Nadal. A esta cita acudiron o alcalde, Manuel Fernández Munín; a edil de Servizos Sociais e Igualdade, Ana María Seijo; a concelleira de Educación, Cultura e Deportes, Mari Botana, e persoal técnico do programa.

Ao rematar o xantar, fíxoselles entrega dun traballo elaborado polas propias persoas maiores durante as actividades desenvolvidas todas os martes e xoves no local sociocultural de Vigo: unha maceta na que se colocou unha flor de Pascua que levaron como agasallo. As sesións do programa Prevención da dependencia de Boqueixón reanudaranse o próximo 8 de xaneiro.