O Museo do Gravado de Artes pasará a ser xestionada polo Concello de Riveira a partir do 1 de xaneiro do 2019 e como paso previo a esta nova etapa, o consistorio local foi escenario este mediodía da firma dun convenio entre as dúas institucións dando cumprimento a unha das cláusulas expresamente aprobadas polo pleno da Corporación do pasado setembro, cando se abordou a constitución dun comodato sobre a Fundación Museo de Artes.
Neste senso, o acordo asinado hoxe polo alcalde Manuel Ruiz e por Javier Expósito (tamén estaba presente Pastor Rodríguez) servíu para derogar o convenio plurianual co que o Concello viña apoiando economicamente o funcionamento do museo e suplantalo por un novo sistema de financiación para as actividades levadas a cabo no 2018.
Unha vez cumprimentado este requisito, a partir do primeiro día do 2019 o Concello xa estará en disposición de asumir a xestión do museo por un período inicial de 20 anos, aínda que o alcalde Manuel Ruiz expresou o seu desexo de que esta entidade quede aquí de forma permanente e agradeceu neste senso a aposta decidida que Expósito Paradela vén realizando por enclavar o máis importante museo do gravado en mans privadas de España e un dos máis importantes do mundo dentro do noso termo municipal.
Nova biblioteca ilustrada
Javier Expósito, quen tamén deu ás grazas ao Concello polo seu apoio, aproveitou para anunciar que en breve haberá unha “inauguración importantísima” consistente na nova biblioteca do Museo. Estará formada por máis de 3.000 volúmenes dende o século XVI ata o XX no que vai constituír, pola calidade da mesma, a mellor biblioteca de Galicia de libro ilustrado, con libros escritos en 26 idiomas. “Era algo que le faltaba al museo”, explicó.