O Concello de Riveira activou en xunta de goberno unha nova actuación consistente na pavimentación do entorno do Cruceiro de Outeiro en Artes
Trátase dunha obra que estaba incluída no POS complementario da Deputación deste exercicio e que agora ten luz verde para seren executada a principios do ano que vén de resultas das baixas acadadas nas actuacións do POS principal. Suporá un investimento de 107.696,88 euros e o seu prazo de execución son dous meses.
A rúa que será obxecto da actuación serve de acceso á igrexa e ao cemiterio parroquial e nela se atopa o cruceiro de Outeiro. O firme, moi deteriorado nalgúns puntos, está formado por aglomerado asfáltico.
Co proxecto técnico elaborado preténdese humanizar este entorno a través dunha pavimentación de pedra acorde con outras accións emprendidas nas proximidades. Con tal motivo, demolerase o pavimento actual e procederase coa explanación e compactado para a posterior construción dun novo pavimento a base de lousas de granito abuxardado de 60x40x8 centímetros combinado con adoquín de granito de 20x10x8 centímetros.
Pluviais
Ademais, mellorarase a rede de pluviais existente e recreceranse as tapas de rexistro para alcanzar a cota do novo pavimento.