O venres 21 de decembro terá lugar no Auditorio Municipal o Festival de Nadal do Conservatorio Profesional de Música de Riveira.
A entrada é libre para calquera persoa que desexa presenciar o bo facer dos alumnos. Será ás 18:30 horas e ao rematar os alumnos poderán recoller as cualificacións do primeiro trimestre. A actividade lectiva voverá, ao igual que nos colexios, o martes 8 de xaneiro do 2019.
Por outra banda, esta fin de semana terá lugar o terceiro encontro da Aula Galega de Saxofón deste curso 2018/2019.
Será un evento moi especial xa que ademais do profesor habitual da Aula, Rodrigo Vila estará en Riveira o prestixioso saxofonista francés Nicolas Prost.
Rodrigo e Nicolás impartirán masterclasses e tamén ofrecerán un pequeno concerto (40 minutos) o sábado ás 21 horas no salón de actos do Conservatorio Municipal. A entrada será libre e gratuíta.