A sala de exposicións acollerá o III Festival de Cortos de Brión
O centro social polivalente de Brión acollerá venres 21 de decembro, ás 18:30 horas, o sétimo Concerto de Nadal da Escola Municipal de Música Magariños. Un recital que correrá a cargo dos alumnos e alumnas da escola de música, dende os tres anos ata os maiores, que amosarán as súas habilidades nas distintas especialidades que se imparten no centro e cun repertorio típico destas datas, con moitas panxoliñas e música clásica da man de solistas, dúos e formacións corais e instrumentais.
Por outra banda, ás 20:30 horas a sala municipal de exposicións de Brión acollerá o III Festival de Cortos de Brión. Un festival no que este ano se proxectarán un total de sete curtas: Adivina (20 minutos, dirixida por Gonzaga Manso), Mai (8 minutos, dirixida por Marta González), Marta (15 minutos, dirixida por Lucía Forner), Un día en el parque (corto de animación de 2 minutos dirixido por Diego Porral), 5105 Historia de una fuga de Mauthausen (29 minutos e dirixido por Diego González), Centrifugado (11 minutos e dirixido por Mireira Noguera) e RIP (de 16 minutos, dirixida por Albert Pintó e Caye Casas).
En ambos casos, a entrada é libre e de balde ata completar aforo.