O Concello ratifica o convenio de colaboración coa Deputación para a creación dun espazo de coworking especializado no sector agrogandeiro en Brión
O pleno municipal do Concello de Brión aprobou esta mañá por unanimidade a proposta da Alcaldía sobre o Plan Único de Concellos POS+2019, que destinará 280.400,15 euros a obras e outros 262.705,35 euros a gasto corrente. O Concello de Brión non acudirá ao Préstamo Provincial 2019, estimado en 180.424,05 euros.
O POS+ 2019, aprobado sen debate entre os grupos, recolle un investimento de 134.226,63 euros da Achega Provincial 2018 a un proxecto de obras de mellora dos camiños e dos accesos á núcleos en Sabaxáns e Osebe, onde o Concello de Brión achegará 1.532 euros para complementar a aportación da Deputación.
Así mesmo, o Concello de Brión destinará 145.173,52 euros do Plan Complementario á mellora dos accesos ás aldeas de Mato e Busto de Frades, así como para a mellora de camiños en Ons e Vilar. Por último, a Achega Provincial 2019 destinarase integramente a financiamento de gastos correntes por un importe de 262.705,35 euros.
Resto da sesión
No resto da sesión ordinaria de decembro, na que non se presentaron nin mocións nin rogos/preguntas, o pleno ratificou por unanimidade o convenio de colaboración asinado o pasado 10 de decembro polo alcalde de Brión, José Luís García, e o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, para a creación dun dos centros de coworking que integrarán a nova Rede Provincial de Centros de Traballo Colaborativo.
Este proxecto suporá un investimento de 213.266,86 euros, dos que o 74,4% (158.632,80 €) serán achegados directamente pola Deputación a través dos fondos da liña de apoio a emprendedores do Plan de Emprego Local (PEL-Emprende). Do orzamento total, 94.799,74 serán destinados ás obras para adaptar o espazo reservado na área comercial Monte Balado; mentres que outros 118.467,12 euros serán para dotalo de subministros.
“Transformando en Brión” será un espazo pioneiro en Galicia e a súa actividade principal será a transformación de alimentos do sector primario (hortalizas, conservas vexetais, zumes, cogomelos, cereais, marmeladas, carnes, embutidos, doces, produtos de panadería, etc.) de produtores locais dos municipios da comarca de Santiago.