Friday 22 de November de 2024

En marcha a pavimentación de dous tramos das rúas da Muralla e Luis Pimentel en Aguiño cunha lonxitude de 370 metros lineais


 

O Concello de Riveira informa da execución dunhas obras consistentes na pavimentación de sendos tramos da rúas da Muralla e Luis Pimentel na parroquia de Aguiño ata sumar unha lonxitude total de 370 metros lineais. A empresa encargada é Canarga, S.L..

A rúa da Muralla presentaba un pavimento de terra e o de Luis Pimentel outro de aglomerado asfáltico que está moi deteriorado.

O proxecto técnico elaborado persegue a renovación dos dous firmes a través da aplicación en ambos casos dunha mestura bituminosa en quente.

Na rúa da Muralla actúase sobre unha lonxitude de 125 metros liñais, previo desbroce, limpeza e acondicionamento da superficie a pavimentar, ademais de estender unha primeira capa de zahorra artificial.

Pola súa parte, na rúa Luis Pimentel a zona de actuación ten unha lonxitude de 255 metros e como traballos previos fresarase o pavimento asfáltico actual, ademais de proceder ao desbroce e limpeza.