Friday 22 de November de 2024

Completada a terceira etapa do Camiño portugués pola costa


 

130 veciños e veciñas de Ordes realizaron a terceira etapa do Camiño portugués pola costa. O punto de partida situouse na localidade de Baiona, onde foron recibidos polo seu alcalde, Ángel Manuel Rodal. Durante máis de cinco horas camiñaron ata chegar á cidade de Vigo, de onde novamente partiron en autobús cara a Ordes. Haberá que esperar ao mes de xaneiro para unha nova camiñata, a cal transcurrirá entre Vigo e Redondela.