A Galería O Faiado exhibe as 441 obras que procedentes de seis centros educativos do municipio participaron no concurso de debuxo infantil ‘Pinta o teu Nadal’.
Para o acto de apertura estiveron presentes a concelleira de Cultura Herminia Pouso e da responsable da galería, Eugenia Gómez, ademais do edil Víctor Reiriz e da técnica municipal Alicia Padín.
O acto serviu para entregar a Iria Paz Vila, alumna do colexio A Milagrosa de Oleiros, o diploma que a acredita como gañadora do certame pola súa creación “O camiño de Belén”, tamén presente na mostra e, por suposto, en toda a cartelería navideña do Concelo.