Friday 22 de November de 2024

Aberto o prazo para apuntarse nas actividades de conciliación


O Christmas Camp vai dirixido a nenos e nenas escolarizados de 3 a 12 anos

O Concello de Ordes volve ofrecer a posibilidade de participar no Christmas Camp, o programa de conciliación para as vacacións do Nadal. Concretamente terá lugar durante os días 24, 26, 27, 28 e 31 de decembro e 2, 3, 4 e 7 de xaneiro.

Xogos, música e movemento, canción, traballos manuais, obradoiros creativos, festas temáticas… Todo isto e máis é o que se lles ofrece aos nenos e nenas escolarizados e con idades entre os 3 e os 12 anos, nun horario que vai de 9 a 14 horas (posibilidade de acordar outros horarios).

O prazo para apuntarse permanecerá aberto ata o próximo 21 de decembro no Departamento de Educación do Concello de Ordes (981680002). O importe é de 36 € en total, habendo desconto do 50% para as familias numerosas.