Os partidos desenvolveranse os próximos 24 e 25 de decembro no pavillón municipal do Forte
O Concello de Boqueixón organiza unha nova edición do seu tradicional Torneo Interparroquial de Fútbol Sala. A cita desenvolverase, como ven sendo habitual, no pavillón municipal do Forte os próximos 24 e 25 de decembro.
As inscricións deberanse formalizar no ximnasio municipal ou no Departamento de Deportes a través do teléfono 636 731 721 ou no e-mail deportes@boqueixon.com. O prazo de presentación de solicitudes finaliza o próximo mércores 19 de decembro.
Unha vez compiladas todas as solicitudes dos equipos inscritos, procederase ao sorteo dos grupos de competición. Este realizarase o xoves 20 de decembro ás 11.00 horas no Salón de Plenos do Concello de Boqueixón.