Saturday 16 de November de 2024

Comezan os traballos para aumentar o terreo de xogo do campo de fútbol de Oleiros e dotalo de céspede artificial


O alcalde salientou a importancia de traballar en favor da cultura para mellorar a sociedade

A chegada do bo tempo permitiu iniciar esta semana unha esperada actuación, consistente na remodelación do campo de Fútbol da Trinidade en Oleiros.

Neste senso, o seu terreo de xogo era o que tiña unhas menores dimensións do municipio, non chegando nin tan sequera aos 90 metros de longo e superando escasamente os 45 metros de ancho, dimensións que apenas cumpren a regulamentación para disputar partidos de categorías rexionais. O firme do campo é de zahorra compactada e non dispón de drenaxe nin rede de rego.

En consecuencia, o Concello elaborou un proxecto técnico para aumentar as súas dimensións e instalar un drenaxe, rede de rego automático e céspede artificial.

A empresa excavacións Abelleira foi a adxudicataria da actuación, por un importe de 191.643,83 euros. O prazo de execución son dous meses.

O campo será ampliado ata acadar unhas dimensións de 97 metros de longo por 55 metros de ancho. Ademais, instalarase unha rede para drenaxe de pluviais, formada por tubaxes, canaletas e arquetas. Colocarase unha rede de rego automático, con tubaxe de polietileno, liña eléctrica soterrada, válvulas e cañóns emerxentes, ademais de programador electrónico para válvulas, electroválvulas, arquetas de rexistro, válvula de corte e grupo de presión.

Polo que respecta ao céspede artificial, para o que se fará previamente un aporte de zahorra na parte ampliada e estenderase unha capa de aglomerado asfáltico en toda a superficie (tanto no terreo de xogo como na zona perimetral de seguridade).

Unha vez concluídas as obras, serán instaladas porterías regulamentarias e banderíns.

Técnicos do concello están traballando xa nunha fase posterior que siga a contribuír a poñer en valor este recinto (e a pista de BTT que se está creando ao seu carón) como un dos lugares de referencia do municipio para a práctica deportiva.