Dezasete deportistas do municipio recibiron na tardiña de onte cadansúas bolsas concedidas polo Concello para axudarlles nas súas respectivas traxectorias.
O acto de entrega tivo lugar no salón de plenos nun acto que estivo presidido polo alcalde Manuel Ruiz e contou coa presenza de distintos edís municipais (entre eles, Anxo Orellán, responsable da área de Deportes) e de moitos familiares ou amigos dos becados.
Ruiz Rivas destacou o bo momento que está a vivir hoxe en día o deporte no noso municipio e especialmente os logros que están a protagonizar as mozas, con éxitos como o de Ana Peleteiro ou o Club de Remo Náutico de Riveira.
Dúas dos bolsas son as denominadas Tokio 2020 que, cunha contía de 3.000 euros, foron entregadas á triatleta Ana Peleteiro e ao parataekuondista Álex Vidal, ambos con serias opcións de participar nas próximas olimpíadas.
Os demais becados foron Alexandre Lages Brión, Iván Parada Novo, Manuel Parada Martínez, Pablo Paz Alonso, Ana Dosil Gago, Carlos Brión Sampedro, Elena Pérez Alcalde, Laura Dosil Gago, Jorge González Mariño, Rubén Pérez Rial, Teresa Sánchez Bóveda, Irene Montemuiño Martínez, Alejandro Paz Alborés, Antonio Sampedro Santamaría e Fran Vilas Fernández.