Friday 22 de November de 2024

Aberta ao tráfico rodado a rúa da Igrexa


A rúa da Igrexa, situada no casco urbano de Ordes, xa volve estar aberta ao tránsito de vehículos e peóns. Todo iso tras as obras de cambio do firme incluídas no plan DTC93, que deron comezo o pasado día 17. Con esta intervención o Concello de Ordes ve cumprido o obxectivo de ter en perfecto estado este tramo de arredor de 100 metros antes das festas do Nadal. Un prazo de tempo importante debido á actividade comercial existente neste punto da vila, ademais de pola presenza de vivendas particulares e de locais e baixos dedicados a distintas funcións.