Friday 22 de November de 2024

Acendido o Belén Municipal de Aguiño


Os veciños de Aguiño xa poden disfrutar do belén municipal situado no adro da igrexa desta parroquia despois de que na noite pasada se procedese ao seu acendido nun acto que contou coa participación do alcalde Manuel Ruiz, a concelleira Esther Patiño, e o cura do pobo, Julio Cárdenas.

Antes de que este último bendicise o nacemento e se iluminasen as luces, o alcalde fixo unha breve intervención na que tivo palabras de eloxio a Miguel Abraldes, veciño que un ano máis cedeu as peza, e as traballadores do módulo de carpintería da UAD que, ao igual que no de Santa Uxía, colaboraron na súa posta a punto.

Unha vez acendido, moitos grandes e pequenos sacaron fotografías do nacemento.