Nas rúas de Ordes xa se deixa ver o Nadal. A maxia e a ilusión destas datas empezan a invadir o municipio, e nisto ten moito que ver a nova iluminación que dende hai un par de días xa desfrutan os veciños, veciñas e visitantes. De feito son poucos os que non deixan de facerse un par de fotos no interior da bola instalada na mesma alemada e confeccionada con milleiros de leds.