Friday 22 de November de 2024

O concello de Riveira impartirá dous cursos gratuítos de carretilleiro e de manipulación de alimentos


O luns 10 de decembro abrirá o prazo de inscrición

Co fin de axudar a mellorar a empregabilidade das persoas de Riveira, a Concellería de Promoción e Dinamización Económica do Concello de Riveira volve poñer en marcha 2 cursos gratuítos con gran demanda por parte das persoas que queren insertarse laboralmente nas empresas da zona.

O curso de hixiene alimentaria e manipulación de alimentos, de 3 horas de duración, impartirase na aula de formación do Viveiro de Empresas do Concello de Riveira, así como a parte teórica do curso de operador/a de carretillas elevadoras, de 4 horas. Este último complementarase con 6 horas prácticas.

As persoas interesadas deberán presentar a solicitude, xunto coa copia do DNI/NIE e volante de empadroamento no Servizo de Orientación Laboral do concello de Riveira. Para o curso de carretilleiro é necesario ter como mínimo 18 anos.

Hai 18 prazas dispoñibles para o curso de manipulación de alimentos e 10 para o de carretilleiro/a e a selección realizarase por sorteo público no caso de que o número de solicitudes supere ao de prazas (mércores día 12 ás 12:00 no Viveiro de Empresas), tendo prioridade absoluta as persoas empadroadas no Concello de Riveira.

A inscrición farase os días 10 e 11 de decembro, en horario de 13 a 15 horas, no Viveiro de Empresas. En caso de presentarse noutro horario as persoas deberán esperar a ser atendidas.