Friday 22 de November de 2024

O Museo exhibe ata febeiro unha colección de Xornais Históricos cos que entender a historia de España dende 1902 aos nosos días


Con motivo do 40º aniversario da Constitución Española, a Sala Museo Municipal de Riveira vai exhibir ata o mes de febreiro unha exposición na que se repasa a través do medio cento de xornais e outros soportes como revistas, fotografías ou microvídeos a evolución política da nación española dende a coroación de Alfonso XII en 1902 ata a abdicación de Xoán Carlos I en 2014.

Baixo o título “De-Constitución: Crónica política do último século en España”, a mostra foi inaugurada hoxe nun acto presentado polo responsable do museo Miguel Ángel Vidal que contou coas intervencións de Suso Souto, presidente do Club Expopress e propietario do material exhibido; do alcalde Manuel Ruiz e do delegado territorial da Xunta, Ovidio Rodeiro.

A exposición está situada no andar baixo da instalación situada na rúa Galicia. Os alí presentes incidiron no atinado das portadas, que reflicten momentos tan transcendentais para comprender a realidade actual española como a proclamación da Segunda República, a Guerra Civil, a ditadura franquista ou a transición á democracia.