Ángel Maldonado Rodríguez, presidente da Asociación Isabel Zendal Veracruz-México e ex-rexedor terceiro do municipio de Veracruz, continúa coa súa visita por terras galegas. Esta acudiu ao Museo do Traxe Juanjo Linares, en Ordes. Non chegou coas mans baleiras. Xa no seu día, con motivo do irmandamento entre Ordes e Veracruz, doara un ha indumentaria típica da súa zona, eso si, coa falta do sombreiro de catro puntas que hoxe el mesmo colocou sobre o maniquí. Unha doazón que tamén ven dada por Don Vicente Rodríguez Couceiro, ordense emigrado en México.
Un detalle que agradeceron os traballadores e traballadoras do museo, ademais do seu director Manuel Viqueira. Foi precisamente este último quen o acompañou en todo momento e quen lle explicou os fondos exhibidos no museo e a importancia e legado do seu fundador, o coreógrafo Juanjo Linares.
Neste día non faltou tampouco o ex–concelleiro socialista da corporación ordense, Xesús Pedreira. Ángel Maldonado recibiu como agasallo unha ilustración do artista local Antonio Castro, na cal se pode ver a un grupo de mariachis e gaiteiros tocando xuntos, como metáfora da unión de ambos pobos e culturas.
Ángel Maldonado está de visita por terras galegas convidado polo Concello de Ordes. Un convite que viu dado pola colocación da primeira pedra do centro sociocumunitario Isabel Zendal. Dende entón foron moitos os logares, espazos e institución visitadas. A catedral de Santiago, a Torre de Hércules, o faro de Fisterra, o Parlamento Galego, a Deputación da Coruña, a Asociación Isabel Zendal da Coruña, o Domus, A Casa dos Peixes etc. Cabe lembrar que o seu traballo e a súa figura foron de vital importancia para o irmandamento do pobo de Ordes e o de Veracruz.