O delegado territorial da Xunta participou na entrega de diplomas do PIE, Artabria Emprega IV, de carretillas, plataformas elevadoras e traballos en alturas e de actividades auxiliares en viveiros e xardíns
O delegado territorial da Xunta, Ovidio Rodeiro, participou hoxe no acto de clausura do Plan Integrado de Emprego (PIE), Artabria Emprega IV, dos concellos de Cabanas, Fene, Mugardos, Neda, Pontedeume e Ares no que se formaron a 85 alumnos e contou cun orzamento da Xunta de 204.000 euros e cun investimento total de 240.000 euros.
Ovidio Rodeiro destacou que “con este curso os concellos integrantes, facilitaron aos participantes do programa, información, orientación e asesoramento para atopar un traballo, así como formación para o emprego, impartindo cursos encamiñados a dito fin, desde novas tecnoloxías, prevención de riscos laborais, ata formación máis específica para a adquisición de aptitudes profesionais en varias especialidades”.
O representante do goberno autonómico participou na entrega de diplomas de carretillas, plataformas elevadoras e traballos en alturas, realizado por 13 alumnos; e do curso de actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería realizado por 7 alumnos que se impartiron dentro do PIE 2017-2018.
O representante do goberno autonómico apuntou que “o PIE é unha iniciativa na que colaboran os concellos, as entidades e a Xunta para mellorar a formación das persoas desempregadas e para darlle máis opcións para atopar un emprego a través de actuacións que buscan a especialización grazas á posibilidade de combinar orientación e asesoramento con formación e prácticas”.
Na súa intervención, Ovidio Rodeiro lembrou que “no PIE 2018-2019 en Ferrolterra se realizarán dous programas, en Ferrol e nas Pontes de García Rodríguez con A Capela, As Somozas, Moeche, Ortigueira, Cariño, Cerdido e Mañón. Estes programas permitirán formar a 200 desempregados dos cales cando menos, un 35% lograrán insertarse no mercado laboral”. O programa previsto nas Pontes de García Rodríguez está dirixido exclusivamente para mulleres. Estes dous cursos suporán un investimento na comarca de 281.000 euros.
No conxunto da provincia a Xunta vai desenvolver, nesta nova convocatoria, un total de nove programas integrados grazas a un investimento que supera os 1,7 millóns e chegarán a 900 desempregados. Así, coa participación de 20 concellos a Xunta sigue potenciando a colaboración con concellos e entidades para dar novas oportunidades laborais á cidadanía.