A xunta local da AECC recibiu de mans da organizadora do mercadillo solidario, celebrado no local social de Ardemil durante o pasado mes de novembro, un cheque por valor de 812,87 €. Durante as fins de semana puidéronse adquirir pezas de roupa, calzado e bixutería, tanto novas como de segunda man, e cuxos prezos oscilan entre os 2 e os 70 euros. Emilia Vázquez, presidenta da AECC Ordes, agradeceu o xesto xeneroso da organización.