Ata o 15 de decembro poderanse doar alimentos e bebidas non alcohólicas nos principais supermercados da vila
Ata o vindeiro 15 de decembro os veciños e veciñas de Ordes que o desexen poderán participar na campaña campaña ‘Un Nadal para todos e todas’. O Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ordes, Cáritas Ordes e Cruz Vermella Ordes leverán a cabo, un ano máis, esta iniciativa solidaria na que tamén colaboran de xeito especial os supermercados da vila.
Durante a vindeira quincena, e co fin de que as familias máis necesitadas poidan disfrutar das vindeiras festas de Nadal, poderanse adquirir produtos envasados ou bebidas non alcohólicas nos supermercados Gadis, Covirán, Día%, Feiraco, Froiz e Eroski e depositalos nos contedores instalados nos mesmos establecementos.