Friday 22 de November de 2024

O Concello de Noia instala caldeiras de biomasa no Conservatorio e no Coliseo Noela


 

O Concello de Noia vén de instalar dúas caldeiras de biomasa no Coliseo Noela e no Conservatorio Municipal de Noia, nas que investiu preto de 110.00 euros. Un investimento financiado grazas a unha subvención concedida polo Instituto Enerxético de Galicia, no marco do programa operativo FEDER-Galicia 2014/2020.

Tras os traballos realizados ao longo das últimas semanas, ambas caldeiras están xa a disposición tanto do alumnado do conservatorio Felipe Paz Carbajal como dos usuarios e usuarios do Coliseo Noela, que durante os próximos días será sede da XIX Mostra de Curtas. As caldeiras de biomasa son o sistema de calefacción máis ecolóxico do mercado, pois empregan como fonte de enerxía combustibles naturais para xerar calefacción e auga quente. Ademais, suporán tamén un aforro substancial para as arcas municipais en materia de costes de calefacción de ambos inmobles.