Saturday 16 de November de 2024

Xornada de conciliación para a ponte da Constitución


O Concello convoca unha sesión lúdico-educativa para a mañá do 7 de decembro, especialmente dirixida a nenos e nenas dende os 3 aos 12 anos

O Concello de Ordes levará a cabo unha xornada lúdico-educativa o venres 7 de decembro coincidindo coa ponte da Constitución. Está dirixida a nenos e nenas escolarizados de 3 a 12 anos que poderán desfrutar con xogos, traballos manuais, música e movemento etc. Esta xornada de conciliación desenvolverase dende as 9
ata as 14 horas, habendo a posibilidade de acordar outros horarios.

As inscricións deberán realizarse no Concello (Departamento de Educación) ata o vindeiro 5 de decembro. O prezo é de 4 € con descontos do 50% para as familias numerosas.