Saturday 16 de November de 2024

Unha trintena de maiores participaron nunha charla sobre como detectar e tratar a demencia


Os “Martes saudables” pechan a temporada 2014 con máis de douscentos participantes

Unha trintena de maiores de Oroso participou na derradeira edición dos “Martes saudables” por este ano, denominada “Non me lembro das cousas, terei demencia?”. Unha charla que estivo dedicada ás demencias e que foi impartida polo doutor José Manuel Fernández, da clínica Rúa do Muíño 24 (Ordes). José Manuel Fernández falou sobre demencias, como recoñecelas, como administrar a medicación e mesmo ofreceu consellos prácticos sobre como recoñecer cuestións como o Alzhéimer. Así mesmo, o doutor respostou ás distintas dúbidas plantexadas polos asistentes.

Con esta xornada, o Concello de Oroso pon o punto final por este ano á iniciativa “Martes Saudables”, na que participaron máis de douscentos maiores de Oroso. Unhas charlas nas que tiveron acceso a temas tan dispares como a reciclaxe, a sexualidade ou o voluntariado, pero no que a maioría delas xirou en torno ao coidado da saúde: reanimación cardiopulmonar, primeiros auxilios, coidado de dependentes ou a musicoterapia.