Segunda etapa do Camiño Portugués pola costa. Nesta ocasión os 150 peregrinos ordenses que participan iniciaron a súa andaina dende Oia ata Baiona. Ana Soneira, concelleira de Medio Ambiente do Concello de Ordes non se quixo perder esta xornada. Xa para o vindeiro mes de decembro está prevista unha nova etapa que transcurrirá entre as localidades de Baiona e Vigo.