Friday 22 de November de 2024

Servizos Sociais de Ordes pon en marcha a campaña ‘Un Nadal para todos e todas’


 

Do 1 ao 15 de decembro poderanse doar alimentos e bebidas non alcohólicas nos principais supermercados da vila
O Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ordes emprende, un ano máis, a súa campaña ‘Un Nadal para todos e todas’. Esta mesma mañá a concelleira de Benestar Social, Susana García, e os representantes de Cáritas Ordes e Cruz Vermella Ordes, Emilia Vázquez e Manuel Viqueira respectivamente, mantiveron unha xuntanza de traballo para coordinar a dita campaña.
Do 1 ao 15 de decembro calquera veciño ou veciña poderá axudar ás familias con menos recursos de cara ás vindeiras festas de Nadal. Simplemente basta con adquirir produtos envasados ou bebidas non alcohólicas nos supermercados Gadis, Covirán, Día%, Feiraco, Froiz e Eroski e depositalos nos contedores instalados nos mesmos establecementos.