Friday 22 de November de 2024

Nenos e nenas de Touro disfrutan de Feo! de Caramuxo Teatro


 

Nenos e nenas de Touro e tamén maiores disfrutaron onte pola tarde dunha aventura teatral Feo! de Caramuxo Teatro. Foi no salón de actos da Casa da Cultura, que estaba xa cheo pouco antes de que comenzara a función. Feo! Premio María Casares 2016 ao mellor espectáculo infantil está inspirado no ‘Parrulo Feo’de Hans Cristhian Andersen. É para nenos de máis de tres anos e para as familias. A pequena fábrica de parrulos de goma ‘Il Papero Giallo’ produce tódolos días centos e cnetos de parrulos do mesmo tamaño e cor, máis un día sae un parrulo diferente… Feo! é un canto á diversidade e á esencia de un mesmo, é unha comedia para a toda a familia da que onte poideron disfrutar en Touro.