Luz do Ilicinio, Raeira e Raiola (da Asociación Cultural Mestre Manuel Gacio) e mais A Requinta de Xián participarán nesta cita
Catro agrupacións musicais protagonizarán o primeiro Festival de Requinta da Ulla. Unha iniciativa organizada polo Concello de Santiago e a Agrupación Cultural O Galo e na que colabora a Asociación Cultural boqueixanesa Mestre Manuel Gacio. As actuacións desenvolverase a partires das 20.30 horas no Auditorio de Galicia e a entrada é de balde, ata completar aforo.
No cartel desta cita cun dos instrumentos máis típicos e arraigados da zona da Ulla participarán tres dos agrupacións da Asociación Cultural Mestre Manuel Gacio: as pandereteiras Raeira e Raiola e o grupo Luz do Ilicinio. Sumaranse tamén A Requinta de Xián. Completarase a sesión coa voz de Manoele de Felisa. O festival ofrecerá unha velada chea de pezas tradicionais, todas elas adaptadas para requinta, co fin de poñer en valor este instrumento.
Dende o Concello de Boqueixón e a Asociación Cultural Mestre Manuel Gacio animan á veciñanza a achegarse a Santiago para asistiren a esta cita coa música tradicional. Un festival que, sen dúbida, deleitará ao público.