Friday 22 de November de 2024

Un grupo de veciños e veciñas de Touro participan no curso de cestería que recuperar a tradición dos vellos oficios


 

Un grupo de veciños e veciñas comenzaron esta semana o curso de cestería organizado un ano máis polo Concello de Touro coa finalidade de aprender os vellos oficios e recuperar a tradición. O participantes, para a elaboración dos cestos, utilizarán materiais que ofrece a natureza como bimbios, salgueiros e mimosas. Esta iniciativa que recupera as vellas tradicións artesanais comenzou a súa andaina fai xa seis anos. O Concello de Touro agradece a Manuel Rilo a súa implicación para impartir o curso, que rematará na primavera do 2019.