Friday 22 de November de 2024

Touro acolleu a veciños e forasteiros na súa X Feira da Castaña


 

Os visitantes degustaron castañas asadas, xabarín cociñado en diferentes receitas e postres elaborados con productos do outono

O Concello de Touro acolleu hoxe a veciños e forasteiros na súa X Feira da Castaña. A celebración coincidiu coa fiera do día 5 de cada mes que se celebra nas rúas de Fonte Díaz, capital do Concello de Touro. A X Feira da Castaña tivo o seu máximo exponente no magosto organizado polo Concello para todos os que quixeran degustar castañas asadas. Comenzou arredor das 12.30 horas. Durante a X Feira da Castaña non choveu e moitos veciños e forasterios achegáronse ata a carpa instalada diante da sede do Concello. Alí poideron tamén degustar outros productos típicos do outono. Os establecementos de hostelería de Touro encargáronse das elaboracións “máis saborosas da gastronomía do Concello”. A base das receitas foron as castañas, os cogumelos e o xabarín. O Concello contou coa colaboración dos membros da Sociedade de Caza de Touro. Os locais de hostelería que participan cociÑando o xabarín e colaborando para ofrecer os seus productos foron: Casa Taboada, Pazo de Andeade, Parrillada O Castro, Parrillada Remesquide, Queixería Bama e iougures GurGur. Tamén colaboraron Panadería A Peneira, Panadería Andeade, Rosquillas Teresa e Rosquillas Juan.

As racións de xabarín elaborado con diferentes ingredientes e distintas receitas foron servidas aos visitantes na carpa instalada diante do Concello de Touro. Todos chuparon os dedos do bon que estaba elaborado o xabarín. Tamén se poideron degustar postres feitos con productos da tempada do outono. Estaban boísimos, según falaron moitos dos que os probaron.