Friday 22 de November de 2024

O Concello de Noia instala na rúa Aldea Vista Fermosa as tres primeiras anclaxes de contedores de lixo no municipio


 

O Concello de Noia vén de instalar os tres primeiros dispositivos para a anclaxe de contedores de lixo na rúa Aldea Vista Fermosa, na estrada AC-550 de entrada ao centro urbano. A concelleira de Medio Ambiente, Ángela Neri, explica que “ata o momento non se colocaran nunca en Noia este tipo de anclaxes, que aseguran os contedores ao lugar e evitan que poidan desprazarse ata a estrada en caso de vento ou temporal. A nosa intención é seguir instalando este tipo de suxeicións no resto do municipio”.

Estes dispositivos consisten nunha columna central situada na parte posterior do contedor que serve de fixación a unha barra de aceiro inoxidable en forma de “U” que recolle o contedor e evita o seu movemento. Deste xeito, conséguese evitar a mobilidade dos depósitos do lixo e garántese que quedarán fixados no seu lugar correspondente en caso de fortes rachas de vento.

Ángela Neri Arufe indica que “se escollemos a rúa Aldea Vista Fermosa para instalar estas tres primeiras anclaxes é porque se trata dunha zona onde os vehículos circulan a maior velocidade e onde a falta de suxeición dun contedor pode supoñer un maior risco que noutras zonas do caso urbano, onde a velocidade é menor”.