Friday 22 de November de 2024

ARRANCA O CICLO DE CHARLAS SOBRE SAÚDE MENTAL


 

Andaina PSM escolle Ordes para dar o disparo de saída a esta iniciativa gratuíta, que se desenvolverá ao longo de novembro. Padrón acollerá este venres a representación da obra Full Monty

Andaina Pro Saúde Mental inicia esta semana o ciclo de charlas gratuítas sobre saúde mental que ofrecerá ao longo do mes de novembro nos concellos da comarca de Ordes.

A primeira delas terá lugar este xoves ás 17 horas en Ordes. Será na sede que a dita asociación ten na rúa Emilia Pardo Bazán, nº 14, no barrio do Paraíso.

A seguinte cita terá lugar en Tordoia o día 13 ás 11 horas na Casa da Cultura, mentres que en Mesía será o martes 20 ás 16.30 horas tamén na Casa da Cultura. Posteriormente chegarán a Frades, Cerceda, Trazo e Oroso.

Por outra banda, este próximo venres, 9 de novembro, o grupo de teatro de Andaina representará a obra Full Monty, baseada na famosa película ambientada na crise económica vivida ao longo dos anos 80 e 90 nun barrio obreiro escocés. Será no Centro Social de Padrón ás 19.30 horas.