O Concello de Ordes quere felicitar ao seu veciño Iván Muíño Liñares, novo campión galego en carcross en menos de 1.600 centímetros cúbicos. Este novo título foi acadado hai varios días na 21 edición desta proba, a cal tivo lugar no circuíto do Castro, na aldea de Ourille (A Coruña).