Friday 22 de November de 2024

Touro arranxa as beirarrúas na rúa Isabel II, na capital do Concello, para mellorar a mobilidade dos veciños e veciñas


Touro está estes días sustituindo e arranxado as beirarrúas na rúa Isabel II en Fonte Díaz, que coincide coa AC-240 ao seu paso pola capital do Concello de Touro. As obras afectan ás beirarrúas que están fronte á sede do consistorial. O Concello de Touro, para afrontar os arranxos e sustitución, destina unha partida procedente dos programas para a mellora de infraestructuras e equipamentos nos Concellos. Os traballos consisten na renovación do pavimento das beirarrúas, mellora do acceso ás propias beirarrúas e aos locais e ampliación de determinados tramos das beirarrúas para facilitar o tránsito de persoas con mobilidade reducida e tambén incrementar a seguridade dos usuarios das vías. As obras, que están sendo executadas pola empresa Hermanos Couto Fandiño, desenvólvense dende mediados de outubro e estarán rematadas ao longo deste mes de novembro. O pasado ano xa foron renovadas ás beirarrúas da outra marxen desta rúa e tamén a praciña que da entrada á sede do Concello de Touro. Cada ano Touro trata de arranxar as beirarrúas dos diferentes núcleos do municipio para así mellorar a accesibilidade dos veciños e veciñas.