Os micólogos Jaime Blanco e Martín Souto dirixirán roteiros micolóxicos o sábado e o domingo
Hoxe venres, día 2 de novembro, remata o prazo para anotarse ás xa tradicionais Xornadas Micolóxicas, que van pola XIV edición, e que están adicadas ao estudo e a procura nos bosques do Concello de Touro destes manxares de outono. Dous recoñecidos micólogos dirixirán roteiros aos que todos os interesados que queiran poden apuntarse. O prazo para anotarse remata mañán venres, 2 de novembro. Quen queira acudir ten que chamar ao teléfono: 981.504.029. O primeiro roteiro estará a cargo do micólogo Jaime Blanco. Será o sábado día 3 de novembro. Comenzará cunha charla-coloquio prevista para as 10.00 horas. E continuará ás 11.00 horas co roteiro micolóxico polo monte. Ao finalizar farase unha exposición e catalogación. Pola súa banda, o micólogo da Universidade de Santiago de Compostela, Martín Souto, será o encargado de dirixir o roteiro micolóxico previsto para o domingo 4 de novembro. Comenzará ás 11.00 horas e tamén terá exposición e catalogación. Os dous roteiros comenzarán no Centro de Interpretación Río Ulla, na zona de servizos de Fonte Díaz.