Friday 22 de November de 2024

Brión acolle mañá a presentación do libro e inauguración da mostra “Modesto Paz Camps: su vida artística y bohemia, sus exposiciones, su museo y la catalogación de su obra”


 

O alcalde de Brión, José Luís García, presidirá a presentación do libro e inauguración da exposición “Modesto Paz Camps: su vida artística y bohemia, sus exposiciones, su museo y la catalogación de su obra”, do escritor Guillermo González Raviña, que terá lugar mañá mércores 31 de outubro, ás 20:30 horas, na sala municipal de exposicións. O acto contará coa presenza de familiares e amigos do pintor.

A mostra, composta por 26 obras, poderá visitarse ata o vindeiro 16 de novembro na sala municipal de exposicións de Brión.