A próxima etapa (Olveiroa-Cee) terá lugar o sábado 1 de decembro
Un grupo de 50 veciños e veciñas de Frades participaron este sábado na segunda das catro etapas do Camiño de Santiago a Fisterra, percorrendo os 33,4 quilómetros que separaban de Negreira de Olveiroa. O alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, acompañou ás persoas participantes e anunciou que a terceira etapa, Olveiroa-Cee, de 19,5 quilómetros, terá lugar o sábado 1 de decembro.
As persoas interesadas en participar só teñen que anotarse no Concello de Frades ou chamando ao 981 695 567. O prezo por persoa participante é de 10 euros (xantar non incluído) e o autobús do Concello de Frades as levará ata Olveiroa e as recollerá en Cee.