O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Ildefonso de la Campa, acudiu á XI edición da Xornada de deporte adaptado celebrada por Adaceco con motivo do Día nacional do dano cerebral adquirido.
O director xeral destacou a importancia da conmemoración desta data para visibilizar e normalizar a situación das persoas que o padecen, facendo fincapé en que a sociedade debe afrontar esta e calquera outro tipo de discapacidade desde a perspectiva da igualdade, a non discriminación e a accesibilidade. Así mesmo, destacou que entidades como Adaceco seguirán a contar co impulso e apoio da Xunta de Galicia en todas aquelas iniciativas que fomenten a integración deste colectivo e agradeceu á entidade o seu labor diario en prol dos seus usuarios e das súas familias.