O delegado territorial na Coruña destacou que nun momento no que se está empezando a iniciar a recuperación económica estas axudas son imprescindibles para apoiar as comarcas que máis o precisan como a de Ferrol,Eume eOrtegal
O delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro, calificou de inaceptable a decisión do Goberno do Estado de eliminar as axudas do Plan Ferrol sen información previa e pola porta de atrás. O representante do goberno autonómico recalcou que esta atención especial, que tivo todos estes anos a comarca de Ferrol-Eume e Ortegal permitiu que, con fondos específicos desde o 2005, se realizasen 340 proxectos.
O representante do Goberno autonómico lembrou que estes fondos foron creados fai máis dunha década, coa finalidade de impulsar proxectos empresariais no ámbito dos eólicos, turismo, loxística, I+D, para intentar diversificar a oferta industrial.
Neste senso, recalcou que estas axudas son agora máis necesarias que nunca para seguir abrindo novas oportunidades nunha comarca que empezaba a despegar con novos proxectos.
“Imos a seguir defendendo na Conferencia sectorial de Industria un reparto dos fondos que manteñan este plan para avanzar no reequilibrio territorial e para apoiar as comarcas que máis o precisan como neste caso Ferrol”, puntualizou. “Temos moi claro que non imos a permitir que o Goberno de Pedro Sánchez discrimine, unha vez máis a Galicia, sen loitar por manter estas axudas” rematou.