O Consello Territorial de Patrimonio da provincia de A Coruña informou favorablemente a proxectos e actuacións nos concellos de Laxe, A Coruña, Betanzos, Cambre, Vimianzo, Rianxo, Noia e Mugardos
O Consello Territorial de Patrimonio de Galicia deu o visto bo a varios proxectos e actuacións na provincia. Valorou positivamente que a Igrexa Parroquial de Santa María de Atalaia en Laxe sexa declarada BIC, pola Xunta de Galicia, á vista da documentación presentada.
Ademais, na comarca da Coruña autorizáronse na cidade da Coruña parte das obras de acondicionamento do cemiterio de San Amaro, á espera de que se aporte máis documentación para unha das zonas propostas. Tamén se autorizou a reparación do aseo e consolidación das fachadas do Centro Municipal de Empresas en Agrela. En Betanzos autorizouse a mellora da infraestrutura turística da área de servizo para autocaravanas no paseo de Ramón Beade Pontella e en Cambre aprobouse o proxecto de reforma da Fase I e II para praza Europa
Dende o Consello territorial autorizouse tamén na comarca de Bergantiños-Costa da Morte deuse autorización parcialmente para o acondicionamento exterior dos terreos que rodean o Castelo de Vimianzo, rexeitando calquera actuación no espazo do Castelo declarado BIC. Na comarca do Barbanza deuse o visto bo a adecuación para o museo da casa Rafael Dieste en Rianxo e autorizouse a obra da pasarela na Ponte dos Pasales en Noia.
Finalmente en Mugardos autorizouse á Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao a conexión ao saneamento da edificación A Redonda e do abastecemento da baliza da Palma.