O Concello de Riveira informa do inicio dunha nova actuación conducente a renovar 642 metros de beirarrúas no polígono industrial de Xarás.
Operarios da entidade Alberto Pérez Sampedro son os responsables de executar esta obra, que comporta un investimento de 68.214 euros e conta cunha subvención da Consellería de Economía, Emprego e Industria.
As beirarrúas nas que se centra a obra estaban pavimentadas con formigón e atópanse moi deterioradas con baches e disgregacións.
642 metros
Así e logo, proxéctase a pavimentación de 642 metros liñais de beirarrúas cunha capa de formigón de 20 centímetros de espesor reforzada con mallazo de 15×15 centímetros de 6 milímetros de diámetro.
O prazo de execución son dous meses.