Saturday 16 de November de 2024

Comeza en Frades a segunda edición do curso de confección e patronaxe


 

Unha ducia de veciñas de Frades veñen de iniciar un curso de costura, no que adquirirán coñecementos básicos sobre as diversas técnicas de confección e patronaxe. Un curso de nove meses de duración e que dá continuidade ao celebrado o pasado mes de xullo. As sesións terán lugar todos os xoves, en horario de tarde, no multiúsos de Frades. O curso está incluído no programa de actividades do Concello de Frades para este outono-inverno.