Saturday 28 de September de 2024

O Concello de Lousame organiza hoxe venres unha sesión de cantacontos e xogos populares do Paporrubio, que rematará cun magosto infantil


 

O Concello de Lousame organiza hoxe venres 26 de outubro unha sesión de cantacontos e xogos populares a cargo de O Paporrubio, unha interesante proposta que amosará aos pequenos e pequenas do municipio como eran os xogos e os xoguetes dos seus pais e dos seus avós, cos que eles tamén poderán xogar. Un espectáculo que mestura teatro, monicreques, xogos e cancións da man de Luchi Iglesias.

A cita é na Casa da Cultura, ás 19:00 horas. Á saída do espectáculo do Paporrubio, os nenos e nenas que o desexen poderán participar nun magosto. A participación neste evento, organizado polo Concello de Lousame en colaboración coa Deputación da Coruña, é totalmente libre e de balde.