Unha quincena de veciños e veciñas de Lousame participaron esta mañá na quedada convocada polo Concello de Lousame para que aqueles corredores/as que o desexaran puideran coñecer sobre o terreo o novo percorrido da IV Carreira Popular Pilar Barreiro Senra, que terá lugar o domingo 4 de outubro. Acompañados polos técnicos de Deportes lousamiás Néstor Romero e Germán Romero, os participantes percorreron os 5 quilómetros do circuíto, que se presenta como moi rápido para os 5k e bastante esixente para os 10k.
A día de hoxe xa hai 80 participantes inscritos na proba, que pechará o prazo de anotacións o vindeiro xoves 1 de novembro. As inscricións poden realizarse na web www.emesports.es, sendo o seu importe de 6 € para a categoría absoluta e totalmente gratuíta para os escolares.