No acto tamén actuarán a A.C. Veciños de Leira e Os Santiaguiños, de Boimorto. Ao remate haberá unha gran foliada con varios grupos da zona
Este próximo sábado, 20 de outubro, terá lugar na Casa da Cultura de Ordes un novo encontro folclórico organizado pola agrupación Sementes da arte.
O acto, de entrada libre, dará comezo ás 20 horas. Ademais de Sementes da arte e da A.C. de Veciños de Leira (Ordes), tamén actuará o grupo Os Santiaguiños (Boimorto). Ao remate haberá unha gran foliada coa participación dos seguintes grupos da zona: Sarillo (Aiazo), San Martiño (Cerceda), Reiceiros (Ponte Carreira), Embruxo Gaiteiros (Leira), Folke Ruada (A Silva), Nunca é tarde (Tordoia), Camiño Real (Poulo), Xeitosos (Trazo) e as Pandereteiras das Encrobas Somos Nós (Ordes).
Nesta ocasión os organizadores do encontro contan coa colaboración da Federación Española de Agrupaciones de Folclore, a da Deputación da Coruña e a do Concello de Ordes.