Nenos e nenas de Touro disfrutaron onte pola tarde na Casa de Cultura de Touro das Raposadas contos para nenas e nenos de Raquel Queizás. A función, organizada polo Concello de Touro, comenzou ás 17.30 horas. Os máis pequenos de Touro achegáronse para coñecer as Raposadas, unha selección de contos populares de animais de tradición oral de Galicia, que alimentaron, alimentan e alimentarán a moitos nenos e nenas galegas. Durou 50 intensos minutos nos que a protagonista mostra as características de cada animal, busca describir e explicar a forma de vida fomentando o respeto pola natureza. Os nenos e nenas conseguiron coñecer o medio natural e familar a través da lingua, os contos, as adivinanzas, os xogos e as cancións.