A brigada municipal de Obras do Concello de Riveira está a instalar ao longo desta mañá un total de seis bancos na senda fluvial do río Artes, acentuando así as cualidades deste espazo como lugar de ocio.
Neste senso, operarios da brigada están a dispoñer un destes elementos cada aproximadamente 500 metros, de tal xeito que os moitos veciños e visitantes que empregan esta infraestrutura poidan disfrutar de puntos de descanso no transcurso dun paseo que arranca xunto ao lavadoiro de Artes, actualmente en restauración, e conclúe en Oleiros.