Friday 22 de November de 2024

A Garda Civil e o corpo de Correos de Ordes honran á súa patroa


A igrexa de Santa María acolleu os actos litúrxicos aos que asistiron os principais representantes de ambos corpos. Ao seu carón estiveron tamén a alcaldesa en funcións, concelleiros, membros da corporación e representantes dos municipios da comarca

Un ano máis a Garda Civil e o corpo de Correos de Ordes honraron á súa patroa a Virxe do Pilar. Acompañándoos estivo a alcaldesa en funcións, Ana Soneira, e o resto do equipo de Goberno local, así como moitos dos restantes membros da corporación local
Neste Día da Hispanidade tampouco faltaron ao acto litúrxico que tivo lugar na igrexa parroquial de Santa María de Ordes o comandante do posto da Garda Civil de Ordes, Francisco Miguel Matías; o sarxento Juan Cendal; o director da oficina local de Correos, Anxo Cores; o xuíz decano de Ordes, Xosé Manuel Maside; o alcalde de Mesía, Mariano Iglesias; a tenente de alcalde de Cerceda, María Viqueira; o xefe da Policía Local de Ordes, Eduardo Rodríguez Regos; o axente local Iván Otero; ademais de varios membros de Protección Civil de Ordes.
Ofrenda
Un dos momentos máis sinalados da celebración relixiosa foi a ofrenda floral, realizada polos principais representantes da Garda Civil e de Correos, ante a imaxe da Santa Virxe do Pilar cuberta polo manto da Garda Civil e a bandeira nacional.