Saturday 23 de November de 2024

“Cumio Europeo dos gobernos locais intermedios polo goberno multinivel na estratexia Europea 2020”


O presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, participou no primeiro “Cumio Europeo dos gobernos locais intermedios polo goberno multinivel na estratexia Europea 2020”. Durante a sesión, que se celebrou no Comité de Rexións e estivo presidida por Michel Lebrun, analizouse o papel das entidades locais intermedias (o caso das deputacións provinciais en España) en todo o referente á Estratexia Europea 2020 e á capacidade de decisión destas entidades na repartición dos fondos estruturais.
Ademais, debateuse sobre a importancia cada vez maior das asociacións de gobernos locais intermedios no seo da Unión Europea, xa que son os organismos que mellor coñecen esa realidade intermedia entre os gobernos centrais e os concellos.